venres, 30 de decembro de 2022

44. Romances Populares

    O repertorio do Coro Agarimos da Terra, inclúe como derradeiro tema a obra titulada Romances Populares. Das catro estrofas que forman este tema, rescatamos as músicas da primeira, segunda e cuarta estrofa dos manuscritos do Arquivo da Sociedad Artística del Tea de Mondariz elaborados por  Eduardo Martínez Torner y por Jesús Bal y Gay, no verán do ano 1931. Estos manuscritos atópanse nos arquivos do CSIC (Consejo Superior de Investigacións Científicas). A música da terceira estrofa tamén foi sacada do mesmo lugar, pero neste caso do manuscrito do Arquivo do coro Frores e Silveiras de Lugo. Os autores do coñecido Cancionero Gallego colexido entre 1928 e 1936 deixaron unha pequena reseña indicando que o Arquivo da Sociedad Artística del Tea de Mondariz copia dos arquivos de Frores e Silveira de Lugo e da Artística de Vigo, polo que entendemos que a música desta terceira estrofa é a correcta xa que é a que coincide a letra coa do noso coro. Tamén debemos mencionar que a primeira das estrofas aparece recollida no Cancioneiro Musical de Galicia, de Casto Sampedro y Folgar (171. Don Martiños, A Coruña), e forma parte dun romance coa letra completa.

Romances Populares

1

Pregonadas son as guerras
de Francia con Aragón.
Probe de min que son vello,
guerras pra min non son.

2

A cazar saiu D. Pedro,
a cazar como solía;
os perros levaba cansos,
Don Pedro ¡mais cómo ía!

3

Estando na miña porta
a la rayada do sol,
vira vir un cabaleiro
¡ay, meu amor!
un cabaleiro andador.

4

 Miña nai mándame á fonte,
á fonte do salgueiriño;
mándame lavarme hoxe
con fror de romeu frorido.

luns, 26 de decembro de 2022

43. Mayos

O repertorio do Coro Agarimos da Terra, inclúe como penúltimo tema a obra titulada Mayos. Dúas estrofas conforman este tema. A música da melodía rescatámola da partitura 861 dos manuscritos do Arquivo da Sociedad Artística del Tea de Mondariz elaborados por Eduardo Martínez Torner y por Jesús Bal y Gay, no verán do ano 1931, recollidos dos arquivos do CSIC (Consejo Superior de Investigaciones Científicas). Son os arquivos que usaron para confeccionar o Cancionero Gallego e esta partitura aparece co número 563. Tamén aparece recollida no Cancioneiro Musical de Galicia, reunido por Casto Sampedro y Folgar (127. Mayos y Santa Cruz, Pontevedra).


Mayos

1

Este mes de mayo
é o mes das frores,
cand'os paxariños
deixan ver os seus amores.

2

Vel-o ahí ven o Mayo
por detrás de San Francisco,
vel-o ahí ven o Mayo
cargadiño de trovisco.