Repertorio do coro Agarimos da Terra

Imos na procura das músicas do repertorio do coro Agarimos da Terra (que aparece integramente no libro A música e Mondariz: historias, personaxes e agrupacións). Non sabemos os arranxos das músicas que usaba o coro, pero si podemos relacionalas coas melodías xa publicadas nos cancioneiros que recompilaron as músicas dos repertorios dos coros ou nas composicións dos autores da época. Publicaremos, aos poucos, estas partituras, que poden ir consultándose dende aquí mesmo.

(Peticións, comentarios, opinións... amusicaemondariz@gmail.com)

  • Flora musical gallega. Prólogo de Felipe Pedrell.
  1. Himno gallego. Letra de E. Pondal. Música de P. Veiga.
  2. Acción gallega. Himno agrario. Letra de R. Cabanillas. Música de J. G. Páramos.
  3. Himno á gloriosa Rosalía. Letra de Ramón Cabanillas. Música de M. Valverde.
  4. ¡Grori'á Peinador!. Himno dedicado por D. Juan González Páramos á D. Enrique Peinador Vela ó descobriren a estatua erexida á memoria d'este tan ilustre gallego.
  5. Alborada de Rosalía Castro.
  6. Muiñeira. Letra de M. Lugrís Freire. Música de Ángel Abad.
  7. Agarimos da Terra. Alalás transcritos para o coro Agarimos da Terra por D. José Ibarra.
  8. ¿A como vendes as peras? Cantiga popular, transcrita por D. Ángel Abad pra o coro Agarimos da Terra.
  9. Regueifa. (Alternando os homes y-as mulleres).
  10. Seleución de cantigas populares. Arregladas, en forma de pot-porri, pra o coro Agarimos da Terra por D. Ángel Abad.
  11. Gallegos á nosa terra (Muiñeira). Música de P. Veiga.
  12. Non te quero por bonita (Cantiga popular). Trancrita pra o coro Agarimos da Terra por D. José Ibarra.
  13. ¿Qué di a meiguiña? Cantiga pra coro.
  14. Negra sombra. Melodía. Letra de Rosalía de Castro. Música de Juan Montes.
  15. Axéitame a polainiña. Cantiga popular. Transcrita pra o Coro Agarimos da Terra por D. José Ibarra.
  16. Mosaico de cantigas populares por D. Ángel Abad. 
  17. Rapaciñas. Muiñeira a catro voces. Letra de C. Fernández. Música de P. Veiga.
  18. ¡Ay, terriña, miña terra! Alalá. Letra de José Peña. Música de M. Valverde.
  19. Veira d'o mar. Letra de P. L. Cuiñas. Música de R. Soutullo.
  20. A gaita non canta, que chora. Balada que se canta na romaría da Virxen d'o Monte, en Carnota.
  21. Balada. Letra de A. J. Pereira. Música de Montes.
  22. ¡¡Queixa d'un alma doída!!
  23. Unha de paus na romaría de San Campio.
  24. ¡Escoita un conto! Aplaudida gallegada de D. Felipe Paz Carvajal.
  25. Esta terra feiticeira. Pasodoble gallego. Letra de Roxelio Riveiro. Música de F. Paz Carvajal.
  26. Muiñeira. Letra de A. Siman. Música de J. Serrano.
  27. Canta o galo. Cantiga populalr, transcrita por D. José Ibarra pra o coro Agarimos da Terra.
  28. O repinpin. Cantiga popular a catro voces. 
  29. O so da primaveira. Alborada. Letra de M. Lago González. Música de J. Torres Creo.
  30. Despedida do emigrante. Letra de Rosalía de Castro. Música de Luis Taibo.
  31. Romance.
  32. Cantos do Finisterre. Na romaría do Santo Cristo.
  33. Foliadas.
  34. San Xoán Bendito. Canto que, acompañados da gaita, cantan na romaría de San Xoán en Meixenda (Cea).
  35. Cantos de pandeiro.
  36. Cantos de arrieiro.
  37. Cantos de cego.
  38. Regueifa.
  39. Cantos de berce.
  40. Aradas.
  41. Muiñeiras.
  42. Alalás.
  43. Mayos.
  44. Romances populares.

Ningún comentario:

Publicar un comentario