Sobre a Banda de música de Frades (1820-1945)
Esta historia iniciouse en Aboal (Toutón) alá polo ano 1820, tal e como escribiu José Guisado Nogueira “Kubala” no seu libro Mondariz, historia guía hechos pasados. Comeza grazas a un veciño namorado da música, Manuel Amoedo Fragueiro “O ferreiro”, que tocaba o bombardino por afección. Manuel propúxolle a un coñecido seu, veciño de Xende (A Lama), Francisco Camiña Bugallo, impartir clases a os veciños interesados. E así foron paseniño ata que se formou a banda. Tiña o alcume de “Banda do Porco Bravo” pola afección do seu promotor “O ferreiro” ao que lle gustaba cazar xabarís.
O primeiro director foi Francisco Camiña Bugallo, co paso do tempo virían Agustín Pedreira, Leopoldo Camiña (fillo de Francisco) despois un fillo seu, Prudencio Camiña e por último Serafín Otero (O pío) ata que a emigración deixou sen integrantes a banda, e rematou desaparecendo no ano 1945.
Na nosa procura sobre máis información da Banda de Frades, topamos algúns recortes de prensa publicados no xornal “El Tea” en diferentes anos, primeiro do xornal de data 27-11-1909 e segundo do xornal de data 30-08-1913:
Continuamos mostrando máis recortes de prensa onde se falaba sobre a Banda de Frades todos eles publicados no xornal “El Tea” a finais dos anos vinte, de data 03-10-1926 e o segundo do 23-12-1928:
Os últimos recortes de prensa atopados foron publicados tamén no xornal “El Tea” nos anos trinta, en concreto o 14-09-1933 e o 24-09-1935: