Amosando publicacións coa etiqueta Libro. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Libro. Amosar todas as publicacións

mércores, 21 de abril de 2021

A música e Mondariz: historia, personaxes a agrupacións.

 

No apartado "Recompilatorio" deste blog explícanse os temas que se tratan neste proxecto:

  • A figura de Benjamín Fernández Pazos.
  • Sociedad Artística del Tea.
  • A música tradicional en Mondariz.
    • Recollas nos cancioneiros.
    • Recollas máis recentes.
  • Composicións de autor.
No libro que acaba de publicarse, aínda que se fala de todos os puntos, desenvólvense os dous primeiros.
  • Benjamín Fernández Pazos.
Cóntase a biografía do veciño de Mondariz, sobre todo a súa faceta artística como músico, director de banda e compositor. Neste último apartado, grazas a axuda inmensa da súa familia, inclúense as partituras, algunhas inéditas, nun arquivo descargable: Composicións para gaita, coro e pequeno conxunto instrumental.


  • Sociedad Artística del Tea.
Faise un repaso de toda a actividade artística impulsada por Enrique Peinador Lines arredor do Gran Hotel de Mondariz a principios do século XX: unha grandísima actividade na que participaron as grandes personalidades do momento. Ademais, reprodúcese integramente o libro do Repertorio do Coro Agarimos da Terra datado no ano 1920, onde se atopan as letras das cancións que interpretaban. Non obstante, non é posible coñecer exactamente as músicas que usaban. Neste blog irán comentándose cada unha das melodías que podían interpretar a través de referencias en libros e documentos históricos.



Tanto a música tradicional como as composicións de autor non se tocan no libro, aínda que serán puntos que se seguirán a comentar neste mesmo espazo.

O libro pódese atopar na vosa libraría habitual (preguntade por el) ou na páxina web de Dos Acordes:

xoves, 15 de abril de 2021

A música e Mondariz: o libro.


Como podedes comprobar, desde a última entrada en maio do 2018, o noso blog estivo parado pero nós nonAs persoas que estamos detrás de "amusicaemondariz.blogspot.com" seguimos traballando a reo todo este tempo. 

Hoxe xa podemos anunciar desde aquí que o resultado de este traballo está a piques de saír en forma de libro.