Amosando publicacións coa etiqueta Benjamín Fernández Pazos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Benjamín Fernández Pazos. Amosar todas as publicacións

mércores, 21 de abril de 2021

A música e Mondariz: historia, personaxes a agrupacións.

 

No apartado "Recompilatorio" deste blog explícanse os temas que se tratan neste proxecto:

  • A figura de Benjamín Fernández Pazos.
  • Sociedad Artística del Tea.
  • A música tradicional en Mondariz.
    • Recollas nos cancioneiros.
    • Recollas máis recentes.
  • Composicións de autor.
No libro que acaba de publicarse, aínda que se fala de todos os puntos, desenvólvense os dous primeiros.
  • Benjamín Fernández Pazos.
Cóntase a biografía do veciño de Mondariz, sobre todo a súa faceta artística como músico, director de banda e compositor. Neste último apartado, grazas a axuda inmensa da súa familia, inclúense as partituras, algunhas inéditas, nun arquivo descargable: Composicións para gaita, coro e pequeno conxunto instrumental.


  • Sociedad Artística del Tea.
Faise un repaso de toda a actividade artística impulsada por Enrique Peinador Lines arredor do Gran Hotel de Mondariz a principios do século XX: unha grandísima actividade na que participaron as grandes personalidades do momento. Ademais, reprodúcese integramente o libro do Repertorio do Coro Agarimos da Terra datado no ano 1920, onde se atopan as letras das cancións que interpretaban. Non obstante, non é posible coñecer exactamente as músicas que usaban. Neste blog irán comentándose cada unha das melodías que podían interpretar a través de referencias en libros e documentos históricos.



Tanto a música tradicional como as composicións de autor non se tocan no libro, aínda que serán puntos que se seguirán a comentar neste mesmo espazo.

O libro pódese atopar na vosa libraría habitual (preguntade por el) ou na páxina web de Dos Acordes:

luns, 21 de maio de 2018

Himno A nosa señora da Franqueira 1


Unha pequena reseña da celebración da romaría da Franqueira, que fixo o noso veciño e correspondente Manuel Lamartín Vazquez. Lamartín acostumaba a asinar as suas crónicas, como "ALMIRANTE". No artigo, observamos a mención que fai, a dúas agrupacións de Mondariz, ó grupo de gaiteiros "Os do Val" e ó coro "Santa Eulalia" que interpretou o himno "A nosa señora da Franqueira" de Benjamín.

 



luns, 20 de novembro de 2017

Litiña

Xa estamos de volta. Durante todo este tempo sen publicar nada, aconteceron dúas cousas que nos encheron de ledicia. A primeira, contactar personalmente con Maria José, a neta de Benjamín, e recompilar mais información acerca do noso veciño. A segunda, comprobar que gracias ao noso traballo, o renovado coro "Agarimos da Terra" incorporou ao seu repertorio unha peza do noso apreciado Benjamin.

A continuación presentamos o pasodobre "Litiña" que, como ben se pode ler na partitura manuscrita, foi composto para participar nun concurso de gaitas nas festas do San Froilán de Lugo no ano 1957. 



xoves, 2 de febreiro de 2017

luns, 30 de xaneiro de 2017

xoves, 26 de xaneiro de 2017

luns, 23 de xaneiro de 2017

Os Amigos

Gravada por OS AMIGOS DE LUGO no ano 1968 e polo grupo TREIXADURA "Unha noite non é nada" no ano 2003.




Os Amigos

PDF

luns, 16 de xaneiro de 2017

xoves, 5 de xaneiro de 2017

martes, 3 de xaneiro de 2017

Unha alboradiña

Unha máis das facetas de Benjamín era a de compositor para concursos de gaita, en concreto para o Certame "Toxos e Xestas".

"Unha Alboradiña" foi a primeira peza coa que gañou o 1º Concurso de Toxos e Xestas no 1982 e coa que o grupo de gaiteiros "Os Amigos" gañaría o primeiro premio no VIII concurso rexional de Gaitas, celebrado en Vigo.



Unha alboradiña

PDF

mércores, 6 de xullo de 2016

Fotos de Benjamín Fernández Pazos

Todas as fotografías foron facilitadas por María José, neta de Benjamín Fernández Pazos.


Banda municipal de Lugo, ano 1923, época na que o seu directo era Juan González Páramos. Esta foto tamén se pode ver no facebook da banda.



Benjamín Fernández Pazos, pousando co seu fliscornio, instrumento co que entrou na banda.



Ano 1925, coa banda de música municipal de Lugo, na época na que era director Manuel Sariñena. Benjamín é o segundo á esquerda detrás do director.




Carné de músico, co que o goberno civil daba autorización para actuar nos espectáculos públicos. Ano 1946.



Banda municipal de Lugo, sendo o director Francisco Méndez, que obstentou este cargo entre os anos 1944 e 1977. Nese momento, Benjamín foi subdirector da banda. Ademáis, nesa época foi na que máis discos gravou a banda, incluíndo neles algunha composición de Benjamín.



Benjamín no ano 1984.

xoves, 30 de xuño de 2016

Por nosa terra

No ano 1985 Benjamín compuxo este himno “dedicado ao pobo de Mondariz”. A pé da partitura podemos ler unha nota:

“Para componer esta cantiga
Hemos usado noso galego
que se habla por todas estas tierras, 
muy académico no será,
pero, en agarimo lo tiene todo

Xa se facía mención a esta composición na revista Cesteiro no seu número cero, no mes de xullo de 1987, revista que editou a Asociación Xuvenil Estántiga de Mondariz, o igual que no libro de José Guisado Nogueira, Mondariz Historia, guía y hechos pasados, no que podemos ler integramente a letra deste himno, que di así:

Amor sempre para nosa terra.
Mondariz eres fermoso,
teu paisaxe non hai igual
adornados sempre de flores,
teus montes e vales están.

O susurro de teus ríos
e alivio de dolor,
dá consolo aflixido
e descanso o trobador.

Mulleres agarimosas, 
de mais feitizo non hai
traballan, cantan e troulan,
e tamén saben rezar.

Homes fortes e valentes
amantes do seu fogar,
amigos dos seus amigos
con enteira lealtá.

Forasteiro que aquí chegues,
de Mondariz non marcharás,
preso da súa beleza
e agarimo quedarás.

Por nosa bendita terra
unidos debemos estar,
alonxando toda cadea
que enliorte nosa amistá.

Mondariz, fermosa terra
con amor loitemos por ela. 




luns, 27 de xuño de 2016

Gonixul

Este tema, a tempo de marcha, foi composto polo sr. Benjamín, no mes de marzo do ano 1983, pensando nun neto do seu irmán Alfonso, Xulio, cando xunto con outro socio, abriron unha cafetería en Mondariz, que leva este nome, Gonixul (abreviatura de González e Xulio). Por aquelar datas o sr. Benjamín envioulle unha carta a Xulio:
“Teño de pedir consentimento a ti i o teu compañeiro no negocio Gonixul; pois metéuseme na miña cachola, a idea de adicar unha berbas a ese voso negocio, como xa te maxinaras, as berbas son propagandistas”. 
Na actualidade nada mais entrar nesta cafetería, que continua rexentando Xulio, músico e membro da banda de música de Mondariz, podemos ver expostas tanto a carta como as partituras manuscritas do sr. Benjamín.




xoves, 23 de xuño de 2016

Na Franqueira

A Romaría por excelencia de Mondariz é a da Franqueira e o sr. Benjamín foi un verdadeiro devoto, xa que varias das súas composicións foron dedicadas a esta romaría. Benjamín deixou escritos a maiores do guión, as partituras de mozas e mozos, primeiras e segundas. Nestes apuntes para a festa márase claramente a outra cara das romarías, a do punto de vista lúdico, de troula, e para iso compuxo en forma de xota esta peza onde nos lembra na súa letra:

 “Maruxiña vamos a Franqueira 
a facer o nudo na xesteira 
a facer o nudo moi xuntiños 
e pro ano vimos casadiños”





luns, 20 de xuño de 2016

Unha vella farrandeira - Tía Pepa

O sr. Benjamín compuxo esta canción humorística cando vivía en Santiago. Nun principio titulouna “Unha vella farrandeira”, na que nos fala dunha señora de nome “Teolinda”, e posteriormente cambiouno polo de “Tía Pepa” tal e como podemos ver na letra e nas partituras manuscritas. Cóntanos con ironía detalles deesta muller tiñosa que non gastaba “un patacón”. Outra das curiosidades desta peza do sr. Benxamín é que podemos ver outra das diferentes formas de asinar as súas composicións, esta vez como Benoni.






xoves, 16 de xuño de 2016

Os feitizos da terriña

O sr. Benjamín compuxo esta cantiga sentimental entre os anos 1978 e 1979 cando aínda vivía en Lugo. Dedicoulla á súa sobriña Raquel, “que ten moito xeito pra cantar”. Na portada aparece como “canción para tiple o tenor”. É unha canción para “pequeña orquestina”, para a que escribiu as partituras para saxos, trompetas, trombóns e clarinete baixo. A letra di:

 “Os feitizos da terriña non se poden esquencer 
sorte ten aquel que pode, na súa terra morrer 
donde estades paxariños co voso doce cantar 
alegrando meus amores cando iba namorar 
que meigallo tedes vos, encantos da miña terra 
o pensar que non vos vexo, miña alma morre de pena”





luns, 13 de xuño de 2016

Nosa nai

Estamos ante unha cantiga a dúas voces pensada para un coro pequeno e que data do ano 1981. O sr. Benxamín dicía nunha carta enviada ao seu irmán Alfonso: “xa te daras conta, que esa que tes ahí, “a nosa nai,” é filla desta (Os feitizos da terriña).