Amosando publicacións coa etiqueta Legionarios del amor. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Legionarios del amor. Amosar todas as publicacións

venres, 28 de febreiro de 2025

LEGIONARIOS DEL AMOR Agrupación Artístico Carnavalesca

 

SOBRE OS LEGIONARIOS DEL AMOR

Estamos na época de entroido e botar unha ollada atrás sempre axuda a coñecer como celebraban as xeracións anteriores esta festa de carácter tradicional no noso pobo. Somos coñecedores de que a música sempre formou parte da tradición de Mondariz e nesta época de carnaval non ía ser menos. Unha das agrupacións que deixaron un grato recordo foi a Agrupación Artístico Carnavalesca “Legionarios del amor”. Estamos no ano 1930 e nas nosas pescudas sobre esta agrupación atopamos unhas citas no xornal El Pueblo Gallego do 25 de febreiro de 1930 onde se poden ler estas frases: “...compuesto de sesenta jovenes, entre los que figuran las más bellas señoritas de la villa”  ou “...la parte artística está ya asegurada con la afinación alcanzada y que es sorprendente que apenas llevan veinte días de ensayo..” nos informa de quén era o seu director “...la batuta del joven maestro Casiano Paredes...” e tamén os compositores das súas interpretacións “...lo interesante de las letras y la música atrevida y sutil que surgió de la inspiración poco común de los maestros vigueses señores Santos Rodríguez Gómez y Dositeo Vázquez, han hecho el milagro".

“Legionarios del amor” actuaban nas parroquias e concellos limítrofes, tales como Vilasobroso, Mondariz Balneario, Covelo, Maceira, Ponteareas xa que contaban en cada unha de estas vilas cunha presidenta tal e como podemos ler nos xornais El Pueblo Gallego de data 28 de febreiro ou no xornal El Tea do 13 de marzo do 1930. Estas foron as súas presidentas: en Vilasobroso a “señorita Candeira”, en Ponteareas a primoxénita do ex-alcalde Vidal Carrera (no mes de febreiro), e  a señorita Celita Vidal (no mes de marzo), en Mondariz Balneario Otilia Currás, en Covelo Agripina Vázquez e por último en Maceira Maruja Loureiro González. O sete de marzo de 1930 aparece no xornal El Pueblo Gallego dúas fotografías onde se dá mostra da comparsa Legionarios del amor de visita tanto en Covelo como en Maceira, posando coas presidentas e a súa corte en cadansúa localidade.


Legionarios na visita a Covelo coa presidenta Agripina Vázquez



Legionarios na visita a Maceira coa presidenta Maruja Loureiro


Cedido no seu día por Roberto Álvarez Táboas, acompañamos a esta publicación a portada e contraportada do díptico que contiña as letras de catro cancións que interpretaban nos seus pasarrúas e actuacións que a comparsa puña a venda por 20 céntimos de peseta, tanto para sufragar gastos coma para axudar a que o público coñecera as letras das cancións,                                                                                         

Dende aquí queremos expresar publicamente o noso agradecemento a Roberto por compartir tanto este documento como algunhas fotografías da agrupación. Intentamos identificar as persoas que aparecen nesta foto da comparsa e compartimos con vos o resultado, agradeceríamos que aquelas persoas que sexades quen de identificar a algunha outra persoa da fotografía nolo fagades chegar.


          Legionarios del amor coa fotografía pequena da presidenta 
na marxe superior dereita Otilita Currás

            As poucas horas de escribir esta entrada no noso blog, recibimos un correo que nos aclarou todalas dúbidas dos nomes dos compoñentes de Legionarios del amor. Compartimos o nome de todas e todos os compoñentes da comparsa que nos facilitou, Marga Paredes, tras enviarnos unha fotografía do seu álbum familiar no que aparece no seu reverso todos os nomes de Legionarios del amor. Queremos agradecerlle públicamente a Marga Paredes por estar sempre aportando e compartindo documentación con nós, Mil grazas.  

Presidentas: en Mondariz e Mondariz Balneario: Otilita Currás Franco, en Vilasobroso: Nieves F.Candeira, en Ponteareas: Celia Vidal Carrera, en Covelo: Agripina Vázquez, en Maceira: María Loureiro.

Comisión:    Malvar, Fiuza, Martínez Rondan, Lamartín, Lino Troncoso, Valentín Troncoso, Álvarez Vorás.

Rondalla: Juan Ferreira, Flauta. Eugenio Fernández, Requinto. Aurelio Romero, Clarinete. Alfonso Fernández, Clarinete. Daniel Lado, Saxo alto Mib. Luis Iglesias, Trompeta. Valeriano Ferreira, Trompeta. José Paredes, Bombardino. Indalecio Fernández, Trombón. Domingo Ferreira, Bajo. Casiano Paredes, Director. Francisco Álvarez, abanderado.

Compoñentes:

Primeiros; 

Angel Calonge, Francisco Fiuza, Jaime Feijóo, Franscisco Barros, Maximino Mera, Antonio Lage, José Martínez, Amadeo Fontán, Ulpiano Mariño, Ceferino Pregal, Aurelio Avión, José González, Faustino Pérez, Jesús Reboredo, José Bernárdez, María Fiuza, Regina Táboas, Carmen Barros, Isaura Rivas, Celia Bernárdez, Carmen Lado.

Segundos;

María Álvarez,  Eusebia Barros, Isabel Álvarez, Palmira Barros, Irene Álvarez,  Josefa Outerelo, Emilio Álvarez, Maximino Tato, Valentín Troncoso, Daniel Lado, Amador Mera, Benjamín Malvar, Remigio Tato, Perfecto Avelar, Francisco Barros Adega, Ángel Barros, Indalecio Rivas, Eugenio Malvar, Remigio Carrera, Maximino Outerelo, Bernardino Bernárdez