O sr. Benjamín compuxo esta cantiga sentimental entre os anos 1978 e 1979 cando aínda vivía en Lugo. Dedicoulla á súa sobriña Raquel,
“que ten moito xeito pra cantar”. Na portada aparece como
“canción para tiple o tenor”. É unha canción para “pequeña orquestina”, para a que escribiu as partituras para saxos, trompetas, trombóns e clarinete baixo. A letra di:
“Os feitizos da terriña non se poden esquencer
sorte ten aquel que pode, na súa terra morrer
donde estades paxariños co voso doce cantar
alegrando meus amores cando iba namorar
que meigallo tedes vos, encantos da miña terra
o pensar que non vos vexo, miña alma morre de pena”