contacto: amusicaemondariz@gmail.com
A música sempre estivo presente na vida de este home desde cativo. A relación vén dada pola familia. Por un lado, polo seu bisavó materno, que tocaba a guitarra na Rondalla "Azaídes" do Balneario de Mondariz e, por outro, pola súa avoa paterna, que tamén tocaba a bandurria nesa rondalla e era integrante do Coro “Agarimos da Terra” do Balneario de Mondariz. Asimesmo, o seu pai, tamén foi cantante da "Orquestra Mariño" de Mondariz.
Apaixoados pola musica galega, como bos fillos de emigrantes, “Chiqui” e o seu irmán “Rober”, o seu principal mestre, comezaron a interesarse polos grupos coma Fuxan os Ventos, Benedicto e Bibiano, Andrés do Barro, Luís Emilio Batallan, Amancio Prada, Milladoiro, ademais doutros estilos de musica, pop, rock, etc. Comezaron así os irmáns a crear a súa propia música.
Xa de volta a Galiza, comezaron os primeiros concertos, participando en múltiples actividades culturais do seu pobo de orixe, Mondariz.
Desde mediados dos anos oitenta, colaborou e formou parte de moitas e diferentes agrupacións, como os grupos de rock “Barreiro” ou o mítico “Carro Bois”.
A principios dos anos noventa forma parte do “Grupo Noroeste” dedicado a amenizar festas e verbenas.
Dende o ano 1991, pasa a ser integrande do grupo “Xuniñeu”, que musicaba cantigas medievais recollidas nos cancioneiros en galego-portugués dos séculos XII e XIII. Xuniñeu percorreu parte da xeografía galega ofrecendo concertos didácticos en colexios e institutos.
No verán do ano 1991 entra a formar parte do grupo Folk “Trisquel” de Vigo, co que gravará tres discos: “O Chapeau de Merlín”, “Amandi” e a banda sonora da obra de teatro “Alicia en el pais de las maravillas”, feita por encargo da compañía Factoría Teatro de Madrid.
No ano 1997 incorpórase a “Valigai”, conformado tras a disolución do grupo Trisquel. O folk fusión de Valigai lévaos a acadar o premio de musicas distintas no “Revoltallo de Música Emerxente” de Valadares e o primeiro premio do VIII Certame Galego da Canción Xuventude 97 da Xunta de Galicia, a raíz do cal gravará o seu cuarto disco.
A principios do 2000, ex-compañeiros de Trisquel, forman “Pédêpötè”, grupo que destila a súa música nun pote apoiado nestes tres pés; tradición, creatividade e modernidade, do que continúa a formar parte.
Foi tamén, un dos organizadores da homenaxe que dende a Asociación de Veciños “Xabriña”, se lle fixo a “Orquestra Mariño” no ano 2005. Tras dous anos de traballo, conseguiron que gravaran un disco, case 50 anos despois da súa creación, e deixar así constancia sonora do que significou para moitos veciños do pobo de Mondariz aquela orquestra.
Sempre disposto a enrolarse en proxectos onde tocar a súa guitarra, no 2009 colabora coa compañía de teatro madrileña EscénaTe no espectáculo ”Verbum”, de María Fernanda Cosín, para o Museo Verbum-Casa das palabras en Vigo, con motivo da celebración do sexto aniversario do museo. Nesta cidade, tamén leva a asesoría musical do proxecto para o Centro Cultural Caixanova “Ilusión en el Centro” na conmemoración do 25 aniversario do mencionado Centro Cultural.
correo: chiquibernardez@gmail.com
_________________________________________________________________
Colaboradores:Raquel Faro
Traxectoria musical
Percusión tradicional:
- Pédëpôtè. Grupo folk de Mondariz. 2006- actualidade.
- Folieiros de Lavadores, agrupación de música tradicional de Vigo. Colaboradora. 2012- actualidade.
- Volta e dalle, música tradicional, de Mondariz. 2010-2014.
- Boureo, grupo música folk do Condado. 1995-1997.
- Grupo de música tradicional da Asociación cultural Traspés de Vigo. 2010-2015.
- Agrupación tradicional Asociación Cultural Airiños da Lagoa de Baíña. 2010-2014
- Caneira Petis. Quinteto de música tradicional de Mondariz. 2000
- Asociación Cultural Cear Castromao. Mondariz. 1989-1993.
- Abeleira, pandereteiras da Asociación .2010 -2012.
- Cultural e de Veciños de Zamáns, Vigo.
- Grupo de pandereteiras da escola de música tradicional da Asociación cultural Traspés de Vigo. 2014.
- Pandereteira no grupo de música tradicional da Asociación Cultural Cear Castromao, Mondariz. 1986-1988.
- Curso de percusión tradicional asociación Volta e dalle de Mondariz, Pontevedra. 2014-2015.
- Curso de percusión tradicional asociación, A barca de Loimil de Arbo, Pontevedra. 2014- 2015.
- Aulas pandeireta e percusión tradicional para a Asociación pola Normalización Lingüística Galeguiza de Ponteareas. Pontevedra. 2004-2006
- Percusión: Manolo Vázquez “Rin-Rin”. Asociación Cultural Cear Castromao. Mondariz. Pontevedra. 1986-1993.
- Gaita: Nazario González “Moxenas”. Asociación Cultural Cear Castromao. Mondariz. Pontevedra. 1987-1989.
- Percusión: José Estévez González “Chuco”. Escola de música tradicional e folk de Vigo, 2014- 2016.
- Pandeireta e voz: Francisco Feijoo “Xisco”. Escola de música tradicional e folk de Vigo. 2015- 2016.
Félix Rodríguez
O seu primeiro contacto coa música foi como bailador no grupo folclórico Ondiñas do Mendo, de Leirado (Salvaterra de Miño). Con 10 anos comezou na música instrumental: gaita, tambor, bombo e pandeireta.
Paralelamente á formación académica, e dentro da asociación Aturuxo, funda con outros o grupo Aturuxo Folk, ao que lle seguirá despois Boureo. É o momento de experimentar con outros instrumentos e comezar no mundo da composición e arranxos.
Durante a súa estancia en Madrid toca na murga Fódete Xestas!, coa que actuou en Galicia, pero sobre todo en Madrid e arredores, e tamén para o grupo de baile da Casa Galega de Fuenlabrada, onde rematou dando aulas de gaita galega.
Non deixou a súa formación nesta etapa, e aprendeu harmonía con Tamara Honstetter e proseguiu os seus estudos de saxofón (alto e tenor), na escola municipal de Alcorcón, onde tocaba na banda e no grupo de saxos.
Formou parte do grupo Irmandiños de Vincios (gaita e percusión, arranxos de temas tradicionais e novas creacións) e tamén do Coro Tradicional Cantares do Brión (como subdirector, tocando a gaita e o saxo, e facendo arranxos para as voces do coro).
É percusionista no grupo de música infantil A Banda dos Cueiros, proxecto musical que nace no seo da Asociación Espazo Lectura.
correo: musicamondariz@felixrodriguez.eu
Ningún comentario:
Publicar un comentario