"CF182. Cantos de Finisterre na romería do Christo. Recogido por D. Felipe Paz. Despacio. Tiene una parte (en Do) y una indicación de aturuxo."
- Benjamín Fernández Pazos
- Partitura
- Repertorio do Coro Agarimos da Terra
- Os segredos da Gaita
- Xota
- Himno
- Muiñeira
- A música e Mondariz
- Alborada
- Cantiga
- Libro
- Os do Val - Laureano Mera Mallou
- Pasodobre
- Cancionero Musical de Galicia
- Canción humorística
- Cantares de cego
- Casiano Paredes Romero
- Foliada
- Fotos
- Golpe
- Himno do Sindicato Agrícola de Lougares
- J. Bautista Mariño - Orquesta Mariño
- Marcha
- Romance
- Serenata
- Sociedad Artística del Tea
luns, 27 de febreiro de 2023
32. Cantos do Finisterre
xoves, 16 de febreiro de 2023
18. ¡Ay, terriña, miña terra!
Na nosa procura das músicas do repertorio do Coro Agarimos da Terra, fixemos indagacións sobre a obra que a parece co título ¡Ay Terriña, miña terra! con letra de José Peña e música de M. Valverde. Ante a aparición das primeiras dificultades propuxémonos iniciar a busca non polo seu nome/título, se non polo estilo da obra: un alalá. Foi entón cando atopamos na Biblioteca Pública Municipal de Moaña e dentro do seu arquivo un fondo de Xosé Pena Collazo que contiña unha peza que levaba por título Alalá de M. Valverde. Puxémonos en contacto coa biblioteca e recibimos moi gratamente a partitura desta obra que verificamos que efectivamente era a que estabamos buscando. Xosé Pena Collazo é un veciño de Tirán, director de varias corais, que cedeu o seu arquivo persoal con mais de 1000 partituras a esta biblioteca. É unha verdadeira satisfacción saber que aínda existen sitios onde poder investigar e topar material, grazas á xenerosidade de persoas como Xosé Pena Collazo, que salvou todo este patrimonio de acabar nunha papeleira. Dende aquí o noso agradecemento.
¡Ay, Terriña, Miña Terra!xoves, 9 de febreiro de 2023
31. Romance
O repertorio do Coro Agarimos da Terra, inclúe como número 31 o tema que leva por título Romance. Está composta por catro estrofas na que a derradeira contén dous versos mais. A música desta obra recollémola do manuscrito elaborado por Eduardo Martínez Torner e por Jesús Bal y Gay, recompilado da segunda colección do arquivo do coro da Sociedad Artística del Tea de Mondariz (do arquivo do CSIC) identificada coa numeración 879 a música da primeira estrofa e coa 911 as demáis estrofas, aínda que se trata practicamente da mesma melodía con pequenas diferenzas rítmicas. No documento deixaron escrito os autores que a colocación da letra está mal, debido a que a letra que aparece debaixo do pentagrama realmente é a da terceira estrofa. A mesma melodía aparace no Cancionero Musical de Galicia, de Castro Sampedro y Folgar, co número 192, con outra letra e co título de “A Lavandeira”.
Romancemércores, 1 de febreiro de 2023
38. Regueifa
O repertorio do Coro Agarimos da Terra, inclúe unha obra titulada Regueifa. A letra esta composta por once estrofas, a música extraémola dos manuscritos elaborados por Eduardo Martínez Torner y por Jesús Bal y Gay, no verán do ano 1931, recollidos dos arquivos do CSIC (Consejo Superior de Investigaciones Científicas). Nestes manuscritos atopamos a música coa letra da primeira estrofa identificada co número 859. Correspóndese co tema 427 do Cancionero Gallego, dos mesmos autores. No Cancioneiro Musical de Galicia, de Casto Sampedro y Folgar, tamén parece identificada co número 117 un tema titulado Regueifa onde toda a música coincide coa de Mondariz.
Regueifaxoves, 26 de xaneiro de 2023
39. Cantos de berce
O repertorio do Coro Agarimos da Terra inclúe como número 39 o tema titulado Cantos de Berce, composta por 3 estrofas. As músicas de este tema aparecen nos manuscritos elaborados por Eduardo Martínez Torner e Jesús Bal y Gay, no verán do ano 1931 recompilados do Arquivo da Sociedad Artística del Tea de Mondariz (846, 847, 848). Correspóndense coas melodías 234, 232 e 227 do Cancionero Gallego, dos mesmos autores. Tamén aparecen recollidas no Cancionero Musical de Galicia, de Casto Sampedro y Folgar como de berce ou arrolo (66, 68, e 77).
Cantos De Bercemércores, 18 de xaneiro de 2023
04. ¡Gróri'a Peinador!
Tal e como deixamos escrito no noso libro A música e Mondariz, un dos primeiros directores da Banda de música “Chan de Gándara” ou Banda de Peinador foi Juan González Paramos (Juan de Tui).
No ano 1919 celebrouse un acto solemne con motivo do descubrimento da estatua dedicada a D. Enrique Peinador Vela na que os coros Agarimos da Terra, de Ruada de Ourense, La Artística de Vigo e Foliadas e Cantigas de Pontevedra, interpretaron o himno escrito por este director que leva por título ¡Gróri’a Peinador!. Esta obra formaba parte do repertorio do coro Agarimos da Terra.En alto, a frente erguida,
luns, 9 de xaneiro de 2023
17. Rapaciñas
mércores, 4 de xaneiro de 2023
36. Cantos de arrieiro
venres, 30 de decembro de 2022
44. Romances Populares
luns, 26 de decembro de 2022
43. Mayos
O repertorio do Coro Agarimos da Terra, inclúe como penúltimo tema a obra titulada Mayos. Dúas estrofas conforman este tema. A música da melodía rescatámola da partitura 861 dos manuscritos do Arquivo da Sociedad Artística del Tea de Mondariz elaborados por Eduardo Martínez Torner y por Jesús Bal y Gay, no verán do ano 1931, recollidos dos arquivos do CSIC (Consejo Superior de Investigaciones Científicas). Son os arquivos que usaron para confeccionar o Cancionero Gallego e esta partitura aparece co número 563. Tamén aparece recollida no Cancioneiro Musical de Galicia, reunido por Casto Sampedro y Folgar (127. Mayos y Santa Cruz, Pontevedra).