O repertorio do Coro Agarimos da Terra, inclúe como derradeiro tema a obra titulada Romances Populares. Das catro estrofas que forman este tema, rescatamos as músicas da primeira, segunda e cuarta estrofa dos manuscritos do Arquivo da Sociedad Artística del Tea de Mondariz elaborados por Eduardo Martínez Torner y por Jesús Bal y Gay, no verán do ano 1931. Estos manuscritos atópanse nos arquivos do CSIC (Consejo Superior de Investigacións Científicas). A música da terceira estrofa tamén foi sacada do mesmo lugar, pero neste caso do manuscrito do Arquivo do coro Frores e Silveiras de Lugo. Os autores do coñecido Cancionero Gallego colexido entre 1928 e 1936 deixaron unha pequena reseña indicando que o Arquivo da Sociedad Artística del Tea de Mondariz copia dos arquivos de Frores e Silveira de Lugo e da Artística de Vigo, polo que entendemos que a música desta terceira estrofa é a correcta xa que é a que coincide a letra coa do noso coro. Tamén debemos mencionar que a primeira das estrofas aparece recollida no Cancioneiro Musical de Galicia, de Casto Sampedro y Folgar (171. Don Martiños, A Coruña), e forma parte dun romance coa letra completa.
1
Pregonadas son as guerras
de Francia con Aragón.
Probe de min que son vello,
guerras pra min non son.
2
A cazar saiu D. Pedro,
a cazar como solía;
os perros levaba cansos,
Don Pedro ¡mais cómo ía!
3
Estando na miña porta
a la rayada do sol,
vira vir un cabaleiro
¡ay, meu amor!
un cabaleiro andador.
4
Miña nai mándame á fonte,
á fonte do salgueiriño;
mándame lavarme hoxe
con fror de romeu frorido.