Sobre Casiano Paredes Romero
Naceu en Mondariz-Balneario no ano 1932 sendo o primeiro fillo do matrimonio entre Elvira Romero Barros de Mondariz Balneario e Casiano Paredes Iglesias de Vilasobroso. É descendente dunha familia de músicos da zona de Mondariz, xa que o seu avó paterno, Ceferino Paredes Álvarez, foi o fundador e director da Banda de San Martiño(Vilasobroso) dende o ano 1890 ata o ano do seu falecemento no 1935. Ceferino Paredes foi alumno dos maestros Erviti e do destacado compositor coruñes, Varela Silvari. No ano 1928 o Concello de Mondariz decidiu nomear a esta banda da parroquia de San Martiño como Banda de Música Municipal de Mondariz.
Seu pai, Casiano Paredes Iglesias tras o falecemento de Ceferino colle a batuta da banda para continuar na dirección da mesma. Casiano, foi alumno primeiro de seu pai Ceferino, despois de Gregorio Baudot que fora director da Banda da Marina de Ferrol e mais tarde de Manuel Palau, director do Conservatorio de Valencia e discípulo de Ravel, Koechlin e Ibert graduándose en Harmonía e Composición no conservatorio de música de Madrid.
Casiano Paredes Iglesias fila de adiante sentado no centro |
Banda de Música Municipal de Mondariz, 1931 Casiano Paredes Iglesias, de pé o primeiro pola esquerda. |
Banda de Música Municipal de Mondariz, con Casiano Paredes Iglesias sentado a esquerda e Ceferino Paredes Álvarez ao seu lado sentado coas mans entrecruzadas. |
Casiano Paredes Romero comezou a estudar música aos cinco anos de idade (1937) primeiro co seu pai e logo vendo as extraordinarias actitudes e facilidade asimilativa que mostraba ao tocar o piano buscáronlle un profesor, Jesús Yepes, en Vigo para continuar así coa súa formación. Cursou 1º, 2º e 3º de Solfexo e de Piano examinándose de estas materias por ensinaza libre no Real Conservatorios de Música de Madrid. No ano 1940 con oito anos ingresa na Banda de Música Municipal de Mondariz tocando o saxofón alto. Aos nove anos e vendo as aptitudes que tiñapara dirixir, o director nomeouno director-auxiliar, e tanto nos concertos e festivais de Galicia e Asturias nos que tivo ocasión de dirixir, obtivo sempre grandes éxistos e loubanzas ao tratarse dun neno tan pequeno dirixindo xa a unha banda tan numerosa. Con doce anos exerce como profesor de solfexo e saxofón na academia da banda, para futuras incorporacións de músicos á mesma. Cabe mencionar que formou e organizou o Coro do Colexio de Monxas no que foi tanto director como organista, actuando nos actos relixiosos da igrexa parroquial. Así mesmo, fundou tamén o Coro da Fillas de María da parroquia de Mondariz Balneario do cal era director e organista, cantando misas, motetes, panxoliñas de Nadal...No ano 1945 seu pai decide buscarlle outro profesor coa finalidade de cursar Piano e Armonía. O profesor foi Mónico García de la Parra (Director da Banda municipal de música de Vigo) co que estudou 4º,5º,6º de Piano e 1º de Armonía, examinándose novamente por libre no conservatorio de música de Madrid.
No ano 1946 seu pai decide trasladalo a Madrid para continuar os seus estudos no conservatorio de esa cidade, sendo alumno de famosos profesores como, Jesús Guridi, Gerardo Gombau, Nemesio Otaño, Francisco Fuster, Benito García de la Parra, Julia Parody, Antonio Iglesias, José Fons, Teresa Alonso, Andrade de Silva e Aurelio Fernández.
Casiano Paredes Romero ano 1951 na conmemoración do final de carreira |
7º e 8º de Piano coa cualificación de sobresaínte, e sendo escollido por unanimidade do tribunal como Primeiro Premio de Piano do ano 1951.
3º e 4º de Harmonía coa cualificación de sobresaínte.
1º,
2º, 3º e 4º de acompañamento de piano coa cualificación de sobresaínte.
Estética,
Historia, coa cualificación de sobresaínte.
Música
de Cámara, coa cualificación de sobresaínte.
Primeiro premio do ano 1951, de Ditado e Interpretación musical.
No
ano 1952, presentouse a oposición para ingresar na escola de virtuosismo, tendo
como profesores aos pianistas José Cubiles, Lazare Levy ( profesora de París),
Nikita Magaloff (profesora de Ginebra). No ano 1958 foi becado pola Fundación
Barrie de la Maza para asistir ao Curso de Música Internacional Española en
Santiago de Compostela sendo alumno da concertista de piano Alicia Larrocha.
Durante os seus estudos en Madrid foi becado pola Deputación de Pontevedra durante
cinco anos consecutivos cun importe de 10.000 pesetas por ano de estudo que
conseguiu axudar a sufragar os custosos estudos do conservatorio. Parte da beca
era a obriga de dar un concerto anual nos Salóns de dita Entidade, para todas
as personalidades. Durante as vacación no tempo dos seus estudos no
conservatorio de Madrid, continuaba colaborando coa Banda de música como
saxofonista solista e como subdirector.
O
30 de xaneiro 1952, con dezanove anos presentouse a oposición para poder obter a tarxeta
profesional de músico nacional, carné número 6.710 do Sindicato do Espectáculo
clasificado como piano e saxofón.
En
Xullo do 1953 comezou o servizo militar e fixo oposicións para Cabo – Músico,
instrumento saxofón. Foi destinado á Banda de Música do Rexemento de Infantería
de Tarragona nº 43 con sede en Pontevedra. Durante tres anos de vida militar na
banda desempeñou a praza de saxofonista solista ate setembro do 1956.
No ano 1954 foi profesor de música da Academia
Cervantes de Pontevedra, obtendo os seus alumnos altas valoracións no Instituto
de Ensinanza Media e na Escola Normal de Maxisterio. Durante o ano 1955 fundou
e dirixiu o coro do Instituto de Ensinanza Media de Pontevedra no que se
interpretaba principalmente música do folclore galego.
No ano 1957 trasládase a Santiago de Compostela, contratado polo “Hostal Reyes Católicos” como pianista para tocar música de semi-concerto nas diversas salas do hotel. Nesta época tamén ingresou como organista na “Capilla Coral Santomil” interpretando canto gregoriano, misas e motetes e participando en actos relixiosos tanto na Catedral como en outras igrexas de toda Galicia. Nesta época tamén funda unha academia de música particular onde preparaba alumnos para examinarse nos distintos centros oficiais.
No ano 1958 na cidade de Pontevedra abriu un novo establecemento o HOTEL UNIVERSO con "La Boîte" mais elegante de Galicia. Alí comezaron "Los Blues de España" un conxunto de xóvenes músicos locais creado á medida de "La Boîte".
"Xornal Diario Pontevedra" 7-7-1991 |
No ano 1960 debido ao problema de topar un traballo remunerativo fixo e folgado, trasládase de novo a Pontevedra chamado por uns amigos e alí forman o grupo musico vocal chamado “Los Blues de España” onde exerceu como pianista e director artístico e encargouse dos arranxos musicais. O grupo conseguiu considerables éxitos en España, Lisboa, Angola, Luanda e outro paises europeos. Actuaron para a televisión portuguesa, para a televisión española e conseguiron gravar un disco coa casa Columbia S.A. en Madrid.
O 1 de Xullo de 1964 con trinta e dous anos obtén o título de compositor, como membro da sociedade de autores, no que ten todas as súas obras rexistradas e do que é socio numerario, cualificado como Compositor de Música e Poeta.
No ano 1965 comezan unha xira dende Madrid a Escandinavia, e actuaron como Orquestra atracción nas salas mais luxosas de Suecia, Dinamarca e Finlandia. No ano 1971 Casiano contrae matrimonio cunha cidadá finlandesa, Irja Kajan coa que tivo unha filla, Dana María Begoña Paredes Kajan. En Finlandia permaneceron tocando ate que no ano 1973, Casiano decidiu deixar a vida activa da orquestra e dedicarse a vida tranquila da ensinanza.
No Hotel Elivuori en Finlandia |
Co embaixador de España en Finlandia no 1971 |
No ano 1973 Casiano solicita a praza de profesor de piano do Conservatorio de Varkaus, onde desempeñou o cargo durante tres anos consecutivos, na que foi ascendido a categoría de Lehtori (Profesor de escuela superior). No ano 1977 foi elexido como profesor de piano superior no Conservatorio de Joenssu. Durante todo o tempo que exerceu a docencia en Finlandia, foi solicitando os diferentes certificados para poder impartir clases, e con data do 7 de Decembro do 1978 otorgóuselle por parte do Ministerio de Ensinanza e Educación de Finlandia a autorización para poder solicitar e desempeñar as diversas prazas existentes nas distintas Escolas de Música así como en todos os Conservatorios de música de todo o país.
Certificado da Academia Sibelius |
A Igrexa Católica de Finlandia, no ano 1989, encargoulle a Casiano unha obra coral para voces mixtas co motivo da visita do Papa Juan Pablo II a Helsinki. A obra foi entregada persoalmente polo compositor ao sumo pontífice, tal e como mostra a imaxe.
Nesta imaxe do ano 2017, vemos a Casiano en Finlandia, sempre que pode vai a visitar a súa filla Dana e de paso recordar moitos dos sitios onde tocaban nos anos 60-70.