SOBRE OS LEGIONARIOS DEL AMOR
Estamos na época de entroido e botar unha ollada
atrás sempre axuda a coñecer como celebraban as xeracións anteriores esta festa
de carácter tradicional no noso pobo. Somos coñecedores de que a música sempre
formou parte da tradición de Mondariz e nesta época de carnaval non ía ser
menos. Unha das agrupacións que deixaron un grato recordo foi a Agrupación
Artístico Carnavalesca “Legionarios del amor”. Estamos no ano 1930 e nas nosas
pescudas sobre esta agrupación atopamos unhas citas no xornal El Pueblo Gallego do 25 de febreiro de
1930 onde se poden ler estas frases: “...compuesto
de sesenta jovenes, entre los que figuran las más bellas señoritas de la villa”
ou “...la parte artística está ya asegurada con la afinación alcanzada y
que es sorprendente que apenas llevan veinte días de ensayo..” nos informa
de quén era o seu director “...la batuta
del joven maestro Casiano Paredes...” e tamén os compositores das súas
interpretacións “...lo interesante de las
letras y la música atrevida y sutil que surgió de la inspiración poco común de
los maestros vigueses señores Santos Rodríguez Gómez y Dositeo Vázquez, han
hecho el milagro".
“Legionarios del amor” actuaban nas parroquias
e concellos limítrofes, tales como Vilasobroso, Mondariz Balneario, Covelo,
Maceira, Ponteareas xa que contaban en cada unha de estas vilas cunha
presidenta tal e como podemos ler nos xornais El Pueblo Gallego de data 28 de
febreiro ou no xornal El Tea do 13 de marzo do 1930. Estas foron as súas
presidentas: en Vilasobroso a “señorita Candeira”, en Ponteareas a primoxénita
do ex-alcalde Vidal Carrera (no mes de febreiro), e a señorita Celita Vidal (no mes de marzo), en
Mondariz Balneario Otilia Currás, en Covelo Agripina Vázquez e por último en
Maceira Maruja Loureiro González. O sete de marzo de 1930 aparece no xornal El
Pueblo Gallego dúas fotografías onde se dá mostra da comparsa Legionarios del
amor de visita tanto en Covelo como en Maceira, posando coas presidentas e a
súa corte en cadansúa localidade.
As poucas horas de escribir esta entrada no noso blog, recibimos un correo que nos aclarou todalas dúbidas dos nomes dos compoñentes de Legionarios del amor. Compartimos o nome de todas e todos os compoñentes da comparsa que nos facilitou, Marga Paredes, tras enviarnos unha fotografía do seu álbum familiar no que aparece no seu reverso todos os nomes de Legionarios del amor. Queremos agradecerlle públicamente a Marga Paredes por estar sempre aportando e compartindo documentación con nós, Mil grazas.
Presidentas: en Mondariz e Mondariz Balneario: Otilita Currás Franco, en Vilasobroso: Nieves F.Candeira, en Ponteareas: Celia Vidal Carrera, en Covelo: Agripina Vázquez, en Maceira: María Loureiro.
Comisión: Malvar, Fiuza, Martínez Rondan, Lamartín, Lino Troncoso, Valentín Troncoso, Álvarez Vorás.
Rondalla: Juan Ferreira, Flauta. Eugenio Fernández, Requinto. Aurelio Romero, Clarinete. Alfonso Fernández, Clarinete. Daniel Lado, Saxo alto Mib. Luis Iglesias, Trompeta. Valeriano Ferreira, Trompeta. José Paredes, Bombardino. Indalecio Fernández, Trombón. Domingo Ferreira, Bajo. Casiano Paredes, Director. Francisco Álvarez, abanderado.
Compoñentes:
Primeiros;
Angel Calonge, Francisco Fiuza, Jaime Feijóo, Franscisco Barros, Maximino Mera, Antonio Lage, José Martínez, Amadeo Fontán, Ulpiano Mariño, Ceferino Pregal, Aurelio Avión, José González, Faustino Pérez, Jesús Reboredo, José Bernárdez, María Fiuza, Regina Táboas, Carmen Barros, Isaura Rivas, Celia Bernárdez, Carmen Lado.
Segundos;
María Álvarez, Eusebia Barros, Isabel Álvarez, Palmira Barros, Irene Álvarez, Josefa Outerelo, Emilio Álvarez, Maximino Tato, Valentín Troncoso, Daniel Lado, Amador Mera, Benjamín Malvar, Remigio Tato, Perfecto Avelar, Francisco Barros Adega, Ángel Barros, Indalecio Rivas, Eugenio Malvar, Remigio Carrera, Maximino Outerelo, Bernardino Bernárdez