O sr. Benjamín compuxo esta canción humorística cando vivía en Santiago. Nun principio titulouna “Unha vella farrandeira”, na que nos fala dunha señora de nome “Teolinda”, e posteriormente cambiouno polo de “Tía Pepa” tal e como podemos ver na letra e nas partituras manuscritas. Cóntanos con ironía detalles deesta muller tiñosa que non gastaba “un patacón”. Outra das curiosidades desta peza do sr. Benxamín é que podemos ver outra das diferentes formas de asinar as súas composicións, esta vez como Benoni.
- Benjamín Fernández Pazos
- Partitura
- Repertorio do Coro Agarimos da Terra
- Os segredos da Gaita
- Xota
- Himno
- Muiñeira
- A música e Mondariz
- Alborada
- Cantiga
- Libro
- Os do Val - Laureano Mera Mallou
- Pasodobre
- Cancionero Musical de Galicia
- Canción humorística
- Cantares de cego
- Casiano Paredes Romero
- Foliada
- Fotos
- Golpe
- Himno do Sindicato Agrícola de Lougares
- J. Bautista Mariño - Orquesta Mariño
- Marcha
- Romance
- Serenata
- Sociedad Artística del Tea
luns, 20 de xuño de 2016
xoves, 16 de xuño de 2016
Os feitizos da terriña
O sr. Benjamín compuxo esta cantiga sentimental entre os anos 1978 e 1979 cando aínda vivía en Lugo. Dedicoulla á súa sobriña Raquel, “que ten moito xeito pra cantar”. Na portada aparece como “canción para tiple o tenor”. É unha canción para “pequeña orquestina”, para a que escribiu as partituras para saxos, trompetas, trombóns e clarinete baixo. A letra di:
“Os feitizos da terriña non se poden esquencer
sorte ten aquel que pode, na súa terra morrer
donde estades paxariños co voso doce cantar
alegrando meus amores cando iba namorar
que meigallo tedes vos, encantos da miña terra
o pensar que non vos vexo, miña alma morre de pena”
luns, 13 de xuño de 2016
Nosa nai
Estamos ante unha cantiga a dúas voces pensada para un coro pequeno e que data do ano 1981. O sr. Benxamín dicía nunha carta enviada ao seu irmán Alfonso: “xa te daras conta, que esa que tes ahí, “a nosa nai,” é filla desta (Os feitizos da terriña)”.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)