“Teño de pedir consentimento a ti i o teu compañeiro no negocio Gonixul; pois metéuseme na miña cachola, a idea de adicar unha berbas a ese voso negocio, como xa te maxinaras, as berbas son propagandistas”.Na actualidade nada mais entrar nesta cafetería, que continua rexentando Xulio, músico e membro da banda de música de Mondariz, podemos ver expostas tanto a carta como as partituras manuscritas do sr. Benjamín.
- Benjamín Fernández Pazos
- Partitura
- Repertorio do Coro Agarimos da Terra
- Os segredos da Gaita
- Xota
- Himno
- Muiñeira
- A música e Mondariz
- Alborada
- Cantiga
- Libro
- Os do Val - Laureano Mera Mallou
- Pasodobre
- Cancionero Musical de Galicia
- Canción humorística
- Cantares de cego
- Casiano Paredes Romero
- Foliada
- Fotos
- Golpe
- Himno do Sindicato Agrícola de Lougares
- J. Bautista Mariño - Orquesta Mariño
- Marcha
- Romance
- Serenata
- Sociedad Artística del Tea
luns, 27 de xuño de 2016
Gonixul
Este tema, a tempo de marcha, foi composto polo sr. Benjamín, no mes de marzo do ano 1983, pensando nun neto do seu irmán Alfonso, Xulio, cando xunto con outro socio, abriron unha cafetería en Mondariz, que leva este nome, Gonixul (abreviatura de González e Xulio). Por aquelar datas o sr. Benjamín envioulle unha carta a Xulio:
xoves, 23 de xuño de 2016
Na Franqueira
A Romaría por excelencia de Mondariz é a da Franqueira e o sr. Benjamín foi un verdadeiro devoto, xa que varias das súas composicións foron dedicadas a esta romaría. Benjamín deixou escritos a maiores do guión, as partituras de mozas e mozos, primeiras e segundas. Nestes apuntes para a festa márase claramente a outra cara das romarías, a do punto de vista lúdico, de troula, e para iso compuxo en forma de xota esta peza onde nos lembra na súa letra:
“Maruxiña
vamos a Franqueira
a facer o nudo na xesteira
a facer o nudo moi xuntiños
e pro ano vimos casadiños”
luns, 20 de xuño de 2016
Unha vella farrandeira - Tía Pepa
O sr. Benjamín compuxo esta canción humorística cando vivía en Santiago. Nun principio titulouna “Unha vella farrandeira”, na que nos fala dunha señora de nome “Teolinda”, e posteriormente cambiouno polo de “Tía Pepa” tal e como podemos ver na letra e nas partituras manuscritas. Cóntanos con ironía detalles deesta muller tiñosa que non gastaba “un patacón”. Outra das curiosidades desta peza do sr. Benxamín é que podemos ver outra das diferentes formas de asinar as súas composicións, esta vez como Benoni.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)