luns, 6 de xuño de 2016

Na fonte do Souto

O sr. Benjamín compuxo este tema con ritmo de muiñeira que leva por título “Na fonte do Souto”, fonte que aínda existe e que está no barrio do Souto na parroquia de Mondariz. Que foi o que alí aconteceu? O que fose, provocou moita alegría no autor, sentimento que transmite cada vez que escoitamos esta peza. Benjamín tamén deixou escritas partituras para acordeón e saxo alto en mi bemol.


6 comentarios:

  1. Preciosa peza.Preciosa de preciada e de fermosa. Eu aprendina hai preto de 40 anos con unha segunda voz das máis orixinais que coñezo, na Escola de gaitas de Ortigueira como parte de Pinceladas de Galicia, unha rapsodia espectacular que podo dicir que era a máis aplaudida polo público xunto coa Alborada de Veiga e o Himno Galego cos arranxos do noso director Xavier Garrote. Teño un gran recordo doutra parte de Pinceladas que era O Canto dos Romeiros. Espero que alguén que saiba do lugar me leve a coñecer a Fonte do Souto e tocar alí esta gran muiñeira. Será para min un momento histórico que nunca pensei que se chegara a dar. Bravo por este blog e por espallar o legado de Benxamín Fernández Pazos, para min un dos compositores galegos con maiúsculas e figura da que voto de menos sucesores no panorama actual da gaita galega. E por certo, da Fonte do Souto fixemos unha gravación en disco que seguramente sexa a primeira. Se alguén a quere oir e non a tén que ma pida.

    ResponderEliminar
  2. Grazas por recibir o noso blog con agrado e, sobre todo, polo teu comentario, que o recibimos co mesmo entusiasmo co que iniciamos este recompilatorio.
    Tal e como nos contas, daquela grupos como "Os Montes de Lugo" tiñan por costume tocar de seguido, "Pinceladas de Galicia", "O Canto dos Romeiros" e "Na Fonte do Souto", na maioría dos concursos e concertos.
    Coa publicación das composicións do Sr. Benjamín, achegamos o noso gran de area, no obxetivo de por en valor a este músico e veciño de Mondariz.
    Por certo, estaríamos encantados de que compartiras esa gravación de "Na Fonte do Souto", connosco.

    De novo, grazas.

    ResponderEliminar
  3. Por certo Alf da Rúa, se quixeras visitar a Fonte do Souto, non dubides en porte en contacto conmigo pois é unha fonte pequeniña que esta na estrada que une Mondariz con Covelo. Como curiosidade contarche que existe outra composición dedicada a esta fonte, que foi creada por un músico, que ainda que ten familia en Mondariz, concretamente nunha casa frente a fonte, esta ben lonxe na quinta provincia galega. Pero disto xa falaremos no capitulo de composicións de autor.
    Apertas

    ResponderEliminar
  4. Ola Chiqui. Agora que o dis si recordo a gravación de Pinceladas de Galicia por Os Montes, que inclúe Na fonte do Souto e esa si debe ser a primeira.
    Cando teña un ratiño xa montarexaa versión da Escola e súbia ao youtube para enlazala aquí.
    Si que me interesa coñecer o lugar, xa falaremos.
    Ánimo e a seguir descubrindo tesouros 😉
    Alfonso Cheda

    ResponderEliminar
  5. Ola.
    Agora que tiven un pouco de tempo para estas cousas montei un pequeno video para facer de soporte á audición de Na Fonte do Souto. Aí vos queda o enlace. Saúdos.
    Alfonso Cheda
    https://youtu.be/nHYSfmu2oLs

    ResponderEliminar
  6. Ola Alfonso.
    Grazas por dedicar o teu tempo a montar este vídeo, e compartilo connosco. É para nós un pracer comprobar que as composicións deste veciño de Mondariz, chegaron a tantas persoas e a tantos recunchos do noso país. Saúdos e de novo grazas.

    ResponderEliminar