A principios do ano 1976, tivo a idea reunir a un grupo de nenas e nenos de Mondariz, de entre sete e once anos de idade, e comezar a ensinarlles a tanxe-la gaita e preparalos para ofrecer concertos nas Festas da Peña de Francia e San Roque. Así naceu a agrupación de gaitas infantil “Os do Val”.
Para entende-la importancia do labor que desenvolveu Laureano,
temos que facer fincapé en que este home foi un auténtico precursor, pois creou
en Mondariz unha das primeiras agrupacións de gaitas do noso país!
Contemporánea a esta nosa formación foi a Escola de Gaitas de Santa Marta de Ortigueira, creada por Xabier Garrote Cobelo, o 17 de outubro de 1975, que é a primeira agrupación musical de máis de 6 gaiteiros da que se ten constancia en Galicia.
Recompilando información acerca de Os do Val,
atopamos un artigo no xornal El Pueblo Gallego do noso veciño
e correspondente o “Almirante" (Manuel Lamartín), de data do
11/08/1976, no que podemos ler que o director Laureano fixo
unha selección de entre cincuenta nenas e nenos, dos que quedaron inicialmente
quince, “entre eles unha nena que “redobla o tamboril”con
maestría increíble”.
Estas fotografías foron realizadas, tal e como podemos ler nos seus reversos, por Albino Vidal o día sete de agosto do ano 1976, xornada na que tivo lugar a presentación do grupo Os do Val, dirixido por Laureano Mera Mallou. As imaxes tomáronse na parte traseira da Praza de Abastos, nas escaleiras do Bar Refuxio. Ese mesmo día foi a súa estrea ante o público no Parque Trasel, hoxe pavillón municipal de deportes, co gallo da celebración da elección da "Raíña das Festas" do ano 1976... “a pesar de non levar dous meses ensaiando”.
Entrada no Trasel do grupo "Os do Val"
Luís, Suso, Ángel e Lali posando o día da presentación
Manuel Lamartín “Almirante” tamén inclúe na súa reseña do 11/08/1976 a seguinte información sobre os recursos aportados por algunhas personalidades da vila:
“...la entusiasta colaboración del señor Alcalde regalando hasta siete gaitas a los menos pudientes, así como tamboril y bombo típicos así como los trajes regionales...” “...seríamos injustos también olvidar en el tintero, la aportación del Doctor D. Lino Troncoso Faro, regalándole una gaita a uno de los niños del conjunto.”
Recorte do xornal El Pueblo Gallego 22-08-1976 (Aparecen como Celtiñas de Mondariz)
Recortes do xornal El Pueblo Gallego 4 e 6 de agosto
do 1977
A raíña e as damas de honra con varios nenos, vestidos co traxe tradicional, na procesión da Peña de Francia ano 1977. (Foto do álbum familiar de Chiqui Bernárdez)
Achegamos varios recortes de xornais, do ano 1978, nos que se menciona a agrupación “Os do Val” en diferentes actuacións o longo de ese ano.
No xornal El Pueblo Gallego, de data 13 de
agosto de 1978, aparece esta fotografía na que se observa a agrupación infantil de gaitas "Os
do Val" cun texto nada alentador: ..."que está en trance de
desaparecer".
A finais do ano 1978 Laureano tivo que abandonar Mondariz, e, tal e como lemos no xornal El Pueblo Gallego, de data 29 de decembro de 1978, a Asociación de Veciños Xabriña celebrou, no restaurante Cuevas de Bugarín, unha “Homenaje al fundador del grupo de gaiteiros infantiles “Os do Val”.
Recolleu tamén o rumor popular de nomear fillo adoptivo de Mondariz a don Laureano Mera Mallou, “por su acendrado cariño a este pueblo que tanto le admira ”.
Laureano,
continuou transmitindo a súa paixón pola nosa música tradicional e pola gaita e
sabemos que impartiu aulas e creou agrupacións alá onde estivo. Así, ocorreu en
Pontesampaio, desde o ano 1978, no que deixou Mondariz. Nesa localidade, no ano 2007, fíxoselle unha pequena homenaxe. Tamén
impartiu aulas en Poio, no grupo “Treboada”, sendo o seu alumno
o hoxe recoñecido e famoso gaiteiro Óscar Ibañez, ao que tivemos ocasión de escoitar
nas festas patronais da Peña de Francia e San Roque, no ano 2019.
A agrupación continuou momentaneamente sen director, como comprobamos no
artigo escrito por Almirante o 10 de Xaneiro do 1979, no
xornal El Pueblo gallego. Nel podemos obter esa
información, a raíz da noticia da chegada dos Reis Magos a Mondariz:
Sabemos, tanto polos documentos gráficos como polas conversas con antigos compoñentes, que o músico local, e fundador da Orquesta Mariño, o mestre J. Bautista Mariño xunto co seu fillo Luís Mariño se fixeron cargo da agrupación de gaiteiros “Os do Val” ata a súa disolución.
El Pueblo Gallego 03-02-1979
O grupo de gaitas infantil "Os do Val" continuou actuando,
aquí o verificamos na tradicional romaría de A Franqueira.
El Pueblo Gallego 01-06-1979
Outro dato que descubrimos abraiados foi un recorte do
xornal portugués “Correio da manhã”, que amosa que “Os do Val”
traspasaron a fronteira, converténdose nunha agrupación internacional, tras
actuar en Estoril, en xullo do 1979.
Esta actuación levouse a cabo grazas a uns veciños de
Covelo, emigrados en Portugal, que, despois de escoitalos tocar, quixeron
levalos á súa vila de residencia. En concreto, o concerto tivo lugar na Romaría
de Santiago, que organizou o Centro Galego no Estoril, en xullo do
1979. Lamentablemente, tras varios intentos de localiza-la páxina nº5 do citado
periódico, para ter máis datos sobre a noticia, non conseguimos facernos con
ela.
Despois da actuación, xa de volta a Mondariz, lembra “Lali” que fixeron parada en Oporto, “pois os do Bar (referencia á familia Álvarez Vázquez) tiñan parentes na cidade” e tocaron nas casas duns deles (“por aquel entón xa estaban as nenas máis pequenas desa familia, Sesi e Loli”).
Tamén nos informou de que percorreron moitos sitios de
Galicia, algúns deles bastante afastados e de escasos recursos. Destacou que nunha ocasión, nun pobo de Lugo
ao que foron tocar, polos seus camiños e corredoiras non pasaban nin os
coches. Noutra actuación, dado que tiñan que facer noite no lugar, para
darlles durmida e comida tiveron que reparti-las nenas e nenos da agrupación
entre as casas dos veciños.
A última reseña que sobre “Os do Val” atopamos na prensa escrita é do xornal Hoja de los Lunes de la provincia de Pontevedra, de data do 18/07/1980, escrito polo correspondente Almirante, onde detalla a grata velada celebrada para a elección da Raíña das festas dese ano: ...”actuación que amenizaron brillantemente el ya veterano conjunto de gaiteros infantiles “Os do Val”, que también recibieron muchos aplausos”.
Na fotografía axunta pódese observa-lo grupo posando
con J. B. Mariño no Cristo do Piñoi en Padróns.
Bandeira – Estandarte da agrupación por diante e por detrás e traxe tradicional de “Lali” feito por "Carmen do Lucas" no ano 1976.