luns, 20 de novembro de 2017

Litiña

Xa estamos de volta. Durante todo este tempo sen publicar nada, aconteceron dúas cousas que nos encheron de ledicia. A primeira, contactar personalmente con Maria José, a neta de Benjamín, e recompilar mais información acerca do noso veciño. A segunda, comprobar que gracias ao noso traballo, o renovado coro "Agarimos da Terra" incorporou ao seu repertorio unha peza do noso apreciado Benjamin.

A continuación presentamos o pasodobre "Litiña" que, como ben se pode ler na partitura manuscrita, foi composto para participar nun concurso de gaitas nas festas do San Froilán de Lugo no ano 1957. 



luns, 6 de febreiro de 2017

Golpe de Mondariz

Na procura de músicas relacionadas con Mondariz tamén se consultaron os libros e cancioneiros publicados.

Case todos os temas publicados nas distintas edicións do libro Os segredos da gaita, son pezas de Benjamín Fernández Pazos. Tan só habería que engadir un tema para completar todas musicas de Mondariz publicados no libro.

Trátase do Golpe de Mondariz. Este mesmo tema aparece no Cancionero Musical de Galicia, de Casto Sampedro y Folgar, coa denominación de Carballiño.




Golpe de Mondariz

PDF

xoves, 2 de febreiro de 2017