O repertorio do Coro Agarimos da Terra inclúe como número 39 o tema titulado Cantos de Berce, composta por 3 estrofas. As músicas de este tema aparecen nos manuscritos elaborados por Eduardo Martínez Torner e Jesús Bal y Gay, no verán do ano 1931 recompilados do Arquivo da Sociedad Artística del Tea de Mondariz (846, 847, 848). Correspóndense coas melodías 234, 232 e 227 do Cancionero Gallego, dos mesmos autores. Tamén aparecen recollidas no Cancionero Musical de Galicia, de Casto Sampedro y Folgar como de berce ou arrolo (66, 68, e 77).
Cantos De Berce1
O miniño está no berce.
¿Quén che vai dar as papas
si túa nai vaiche na vila
y-o teu pai foise co-as vacas?
2
O miniño chora moito
¿quén o ha d' ir aquentare?
Seu pai non está na casa
e súa nai foise lavare.
3
Durme ben, durme, meu rolo,
que n' hay berce com' o colo.